Sunday 28 de April de 2024

O Concello organiza por primeira vez o ‘Carnival Camp’


Os nenos e nenas do municipio contarán os días 8 e 10 con actividades de conciliación durante as vacacións de Entroido. O prazo para apuntarse estará aberto ata o vindeiro venres

O Concello de Ordes organiza para os nenos e nenas do municipio o ‘Carnival Camp’. Trátase dunhas xornadas de conciliación que terán lugar os días 8 e 10 de febreiro, coincidindo coas vacacións escolares do Entroido.
Obradoiros, saídas, festas e celebracións onde a diversión a creatividade e o compañeirismos serán as bases desta convocatoria que por primeira vez se desenvolve dende o Departamento de Educación municipal. As idades ás que vai dirixida son dende os 3 ata os 12 anos, e o horario é de 9 a 14 horas. Todas e todos os que queiran participar terán de prazo para inscribirse ata o vindeiro venres, 5 de febreiro. Para isto basta con acudir ao departamento sitado no primeiro andar do Concello e alí dar conta dos datos persoais e forma de pago. As familias numerosas contarán con interesantes descontos que chegan ata o 50%.
Unha vez máis o Concello de Ordes traballará conxuntamente coa escola Con Talento, ademais de contar co financiamento da Deputación da Coruña.